Avaliación da Cooperación Española

É unha función que comparte a finalidade última da Cooperación Española de contribuír ao desenvolvemento humano, a diminución da pobreza e o pleno exercicio dos dereitos. Neste sentido, a avaliación é un medio para xerar aprendizaxes que permitan mellorar a eficacia e a calidade do noso sistema de cooperación. Ademais, a avaliación contribúe á transformación da realidade e proporciona elementos para a transparencia e a rendición de contas.

Para acadar o obxectivo dunha avaliación que retroalimente máis eficazmente o sistema, realízanse as seguintes tarefas:

Lupa enfocando sobre globo terráqueo o continente americano

Establecer o marco xeral para o desenvolvemento das avaliacións. Co obxectivo de ser más eficientes e fomentar a calidade das avaliacións procedeuse, impulsado pola Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (SGCID) e no que participaron todos os actores da Cooperación Española, á revisión da Política de Avaliación da Cooperación Española. Tamén se coordina a elaboración do Plan Bienal de avaliacións.

Xestionar avaliacións. A división de avaliación de SGCID xestiona avaliacións centralizadas, participa en avaliacións conxuntas con outros doadores e xestiona o coñecemento derivado das mesmas mediante a elaboración de bases de datos e sistematización dos achados, difunde os resultados das avaliacións que xestiona e proporciona seguimento á toma de decisións.

Fomentar a cultura de avaliación. A SGCID contribúe a esta mediante a organización e participación en espazos nos que se fomente a aprendizaxe e o intercambio de experiencias de avaliación.

Fortalecemento das capacidades de avaliación do sistema e nos países socios. A SGCID promove accións formativas, elabora documentos de referencia e proporciona asesoramento.

Forma parte de redes internacionais de avaliación, como EVALNET (a rede de avaliación do Comité de Axuda ao Desenvolvemento, CAD), MOPAN (rede formada por 17 países doadores para avaliar a eficacia das organizacións multilaterais), EVALPARTNERS (rede internacional para o fortalecemento das capacidades nacionais de avaliación) e ALNAP (Active Learning Network for Accountability and Performance in Humanitarian Action).

Contacto: evaluacion-sgcid@maec.es

Nota: Documento para a Cesión dos dereitos de transformación, tradución, reprodución e comunicación pública de documentos á SGCID para a súa difusión.

¿Que está a ocorrer?